Exército de Pedro Madruga
Es un soldado do exército persoal de Pedro Madruga, quen unha vez sufocada a Revolta Irmandiña converteuse no señor absoluto de todo o Sur do Reino de Galiza. A vosa lealdade cara a Madruga, e o voso compromiso na defensa da súa causa é total.
O voso Señor decidiuse a romper a neutralidade na que se atopan a maioría dos nobres galegos, ao posicionarse decididamente do lado de Xoana “A Beltranexa” e o Rei de Portugal, na guerra de sucesión que se aveciña. O motivo é a salvagarda dos seus numerosos intereses no norte do país luso. Este posicionamiento desatou un enforntamento aberto co outro grande Señor da nosa terra, o arcebispo de Fonseca, defensor a ultranza de Isabel I “A Católica”.
Para tentar chegar a unha solución dialogada, ambos nobres acudiran a un Conclave que se celebrará en Monterrei o vindeiro día 26 de setembro, a onde viaxades escoltando ao voso Señor. Pero sabedes que a verdadeira intención de Madruga non é chegar a un acordo co arcebispo, se non aproveitar o encontro para tentar rematar con el. Mais as forzas do prelado dóbranvos en número e, ademáis, nesas datas acudirán á fortaleza outros poderosos nobres, como o conde de Benavente, que lle son leais aliados. Estades demasiado sos. Por ese motivo, para lograr que a vosa empresa teña éxito, faise necesario conseguir o apoio militar dalgún destes nobres que, por algún motivo, puidera ter interese en sacarse de en medio a Fonseca ou, por que non, incluso dos habitantes da vila.
Como sabedes, o Vizconde non é na actualidade o propietario legal do Castelo, pois o seu pai, o defunto Diego Lopez de Zuñiga, perdeuno nunha xusta, no ano 1469, a favor do arcebispo Fonseca. Dende aquela, o Vizconde, acollido polo arcebispo como discípulo, gárdao simplemente no seu nome. Mais este ano, alcanza a maioría da idade, e pensades que quizais podería estar interesado en forxar unha alianza en contra do Arcebispo, para recuperar así o seu Castelo.
Por outra banda, segundo as vosas informacións, as xentes de Monterrei estarían preparándose para levantarse en armas contra o Vizconde. Se Zuñiga non accedese a traizoar ao seu mentor, quizais poderiades unirvos a eles, logrando así a forza suficiente para derrotar a Fonseca. Sen embargo, tendes motivos para pensar que os aldeáns xamais aceptarían loitar xunto ao voso señor.
Tamén sabedes que na vila habita un influinte fidalgo que está lonxanamente emparentado coa Casa dos Soutomaior. Quizais el estivese interesado en axudarvos a cambio de ascender dentro da familia. Outra boa posibilidade sería reunir os cartos suficientes para mercar o apoio dun pequeno exército de mercenarios que, segundo as vosas informacións, permanece acantoado na vila dende fai uns cantos días.
Se conseguisedes o voso obxetivo, Galiza enteira quedaría baixo o control do voso Señor, e os inimigos de Xoana sufrirían un importante golpe de cara a futura guerra. Sen dúbida, a gratitude do monarca luso habería de ser grande convosco, porén, tedes que ser cautelosos, pois o arcebispo podería estar a tramar a mesma traizón que vos. Ante a vosa desvantaxe numérica, sabedes que sodes presa fácil dunha encérroa e debedes de actuar con prudencia e discreción.
VN:F [1.9.13_1145]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)